Casavaria es una editorial independiente y un recurso literario en línea que pretende publicar obras originales (en galerías textuales o en forma de libro impreso), tanto en castellano como en inglés. Casavaria se dedica a dar apoyo al individuo creativo en la creación de una cultura más rica de expresión y experimentación literarias.

REQUIEM POLO ARAO IBÉRICO
GaliciaEspallada

A única espranza, case un milagre, era un ovo en forma de pera. Este mes tiña que aparecer nalgún lugar oculto dun acantilado das illas Sisargas ou do cabo Vilán. Pero non o fixo. Nin o ovo nin a súa cría. A ameaza cumpriuse e o arao ibérico, coñecido como o pingüino galego, pasou á historia. O Prestige sepultóuno nun féretro negro e agora forma parte da lista negra de especies extinguidas.

O certificado de defunción expedírono os expertos da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO) e da Sociedade Galega de Historia Natural, que este mes rastrexaron o hábitat das duas colonias deste ave que existían na Costa da Morte, as únicas de toda a península. E non atoparon nin rastro. [Texto completo]

FOLLAS NOVAS, XLI
Rosalía de Castro

Tembra un neno no húmido pórtico
Da fame e do frío
ten o sello o seu rostro de ánxel,
inda hermoso, mais mucho e sin brilo.
Farrapento e descalzo, nas pedras
os probes peíños,
que as xiadas do inverno lañaron,
apousa indeciso;
pois parés que llos cortan coitelos
de aceirados fíos.
Coma can sin palleiro nin dono,
que todos desprezan,
nun curruncho se esconde, tembrando,
da dura escaleira.
E cal lirio se dobra ó secárese...

[Texto Completo]

VERSOS DO MEU SILENZO
Luís Amado Carballo

Ollos na noite pensantes
os das estrelas lonxanas,
que ennovelados nas tebras
tráenme a túa lembranza.

Antr' o agarimo da lua
salouca o meu corazón
que añora a surrisa túa.

Por camiños de luceiros
enfondados na distancia,
a túa voz sinfoniza
os ecos da miña alma.

[Texto Completo]

UNHA VEZ
Celso Emilio Ferreiro

Unha vez houbo un home
que nunca dixo, meu.
Petou nas portas do mundo,
chamou no meu corazón.
Falaba con palabras
que semellaban pombas.
As cousas á súa beira
púñanse brancas.
Nascíalle nos ollos un abrente
coma un río de luz...

[Texto Completo]

CUNETAS
Luís Pimentel

¡Outra vez, outra vez o terror!
Un dia e outro dia,
Sen campás, sen protesta.
Galicia ametrallada nas cunetas
dos seus camiños.
Chéganos outro berro.
Señor ¿que fixemos?
-Non fales en voz alta-
¿Ata cando durará este gran enterro?
-Non chores que poden escoitarte.
Hoxe non choran mais que os que aman a Galicia-
¡Os milleiros de horas, de séculos,
que fixeron falta
para facer un home!

[Texto Completo]

RAIGAMES
Celso Emilio Ferreiro

Empúxanme as raigames.
Os lonxanos abós das carballeiras,
as misteriosas nais que cavilaban
á luz do sol nas albas precursoras.

Cando a miña voz era aínda un silencio...

[Texto Completo]

ENTERRO DO NENO POBRE
Luís Pimentel

Punteiros de gaita
acompañábano.
O pai de negro;
no mar, unha vela
branca.

Os amiguiños levábano.
Non pesaba nada... [Texto Completo]

CANTARES, 15
Rosalía de Castro

Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar...

[Texto Completo]

FOLLAS NOVAS, II: Do íntimo
Rosalía de Castro

¡Cal as nubes no espazo sin límites
errantes voltexan!
Unhas son brancas,
outras son negras;
unhas, pombas sin fel me parecen,
despiden outras
luz de centela...
[Texto Completo]

NEGRA SOMBRA
Rosalía de Castro

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa... [Texto Completo]

O CAMIÑO DE SANTIAGO E AS PEREGRINACIÓNS
GaliciaEspallada

Os primeiros datos biográficos do Apóstolo Santiago proceden fundamentalmente dos Evanxeos. Sabemos que era fillo do Zebedeo e de Salomé e irmán de Xoán o Evanxelista. Respecto ó seu lugar de nacemento, son varios os autores que o sitúan na localidade de Xaffa, preto de Nazaret, na beira do lago de Xesenareth. O oficio familiar era a pesca, tarefa na que estaban asociados ós irmáns Simón (San Pedro) e Andrés. Deste grupo de pescadores Xesús elixiu os seus catro primeiros discípulos: Pedro, Andrés, Santiago e Xoán, que o seguiron de forma enérxica e inmediata....

Foron os monxes da poderosa orde de Cluny os principais promotores das peregrinacións na Idade Media, peregrinacións que partían de tódolos lugares de Europa e incluso de Oriente. Pero foi a partir do século XI, despois de que os reis Sancho o Maior de Navarra e Afonso VI de León establecesen a traza do Camiño Francés, cando o fenómeno das peregrinacións cobrou especial relevancia.

O camiño quedou definido daquela percorrendo basicamente ás numerosas vías romanas que unían diferentes puntos da península.

Según la filosofía dirigente de Casavaria, la expresión creativa en su manifestación más elevada es un acto humanitario, porque declama y aumenta la dignidad esencial del intelecto humano. Nuestro proyecto es imaginar, reconocer y promocionar nuevas formas de expresión individual o cultural y ofrecer un foro en el que puedan reunirse los autores de estas formas con un público interesado, para compartir su conocimiento, más allá de las fronteras culturales o lingüísticas. [c]

As lenguas de Casavaria:
Català | English | Español | Français | Galego | Italiano | Português | Svenska

Casavaria Publishing, est. 2001 :: Actualizado: 8 febreiro 2006
Texto e imágenes Copyright © 1995-2008 Casavaria, o colaborador citado
Sobre Casavaria | FAQ | Contacto | Mapa de la web

Portada en castellano
Literatura original
Derechos de autor
Condiciones de uso
Contacto
¡Publique aquí!
Sobre Casavaria
Mapa de la web
Librería

Selecciones literarias de Casavaria, en castellano
Galerías poéticas
La Partida Inconclusa
Sanlúcar
Remota y nubarrón
Un abanico de agua, Cristina Sánchez-Conejero
Li'telier: taller literario en internet
Carta sobre la poética versátil, o artesanal

Más información...
Todas las obras (textuales, visuales, e incluso las que se ven fotografiadas y así representadas) mantienen las protecciones copyright que pertenecen a su autor único y original.
Contrate obra gráfica original o material publicitario en nuestro apartado de Arte y Diseño...

Casavaria celebra el cuarto centenario de la novela El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, con una edición de la primera parte (primavera 2005) y otra de la segunda parte (primavera 2006)...

ALERTA: CASAVARIA NO UTILIZA «POP-UPS»
Casavaria no utiliza ni permite la aplicación de ventanas repentinas o «pop-ups» ni de «spyware». Si surgen anuncios y ofertas en ventanas apartes o si tiene problemas con su navegador, presione aquí...

 

Casavaria trabaja con colaboradores gallegos en Galicia y en Argentina, y busca nuevas entregas en todo momento...

Sentido.tv es el foro noticiero global de Casavaria, explorando asuntos de economía, derechos humanos, cultura, medio-ambiente y crítica mediática...

"O espallado é loitador, honesto, traballador, humilde, apaixonado, pícaro, dunha franqueza brutal, ten poucas pulgas, sangue quente, sempre de bo humor pero ás veces cabreado porque non tolera a inxustiza." [Galespa.com.ar]

"Fotos bonitas de Galicia... fotos de Galicia ordenadas por provincias, e, dentro de cada provincia, por Concellos, e, dentro de cada concello, por Parroquias..." [A rede de Juan Rúa: Galicias.com]

A través de Sentido, Casavaria ofrece información para viajeros, narrativa, perfiles históricos, observaciones y locales...

In Association with Amazon.com
Buscar:
Palabras
clave:
Comprar cualquier libro o producto en Amazon.com y subvenciona el desarrollo y la operación de Casavaria.


Foto para o gráfico "Galego":
Copyright © 2004 Juan Rúa